A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.
A Marcha Mundial das Mulleres ten presencia no noso país desde o ano 2000, aglutinando a máis de 40 organizacións, que en distintos niveis de participación e compromiso, asumen as accións e os valores para alcanzar os obxectivos de erradicación da pobreza e a violencia contra as mulleres.
A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza organízase nunha Coordenadora Nacional e Coordenadoras Locais onde participan tanto mulleres que representan a organizacións, como mulleres a título individual.
ACCIÓNS DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES ORIENTADAS AO OBXECTIVO DE CONSEGUIR ERRADICAR A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.-Ainda que todas as accións, tanto as que se desenvolven a nivel local como a nivel internacional, xiran ao redor da luita contra a violencia de xénero, existen actividades específicas que teñen como obxectivo prioritario a concienciación social e a interlocución coas institucións para que apliquen políticas para paliar e previr a violencia machista.
Estas actividades desenvoltas até desde o ano 2000 poden agruparse em dous tipos:
- Actividades de mobilización e concienciación.
- Elaboración de alternativas.
ACTIVIDADES DE MOBILIZACIÓN E CONCIENCIACIÓN.Desde o ano 2000 a Marcha Mundial das Mulleres convoca ao redor da data do 25 de Novembro manifestacións e concentracións en varias cidades do noso país co obxectivo de concienciar e mobilizar á sociedade ao redor de reivindicacións e denúncia das raices que sustentan a violencia machista na nosa sociedade.
Novembro-2000En novembro do ano 2000, ante a insensibilidade mostrada pola administración galega diante das agresións e asesinatos de mulleres, e baixo o lema O PODER DAS MULLERES, A VIOLÉNCIA DE XÉNERO TEN SOLUCIÓN, realizouse unha manifestación en Compostela seguida das seguintes accións reivindicativas:
-Feche na delegación de Vigo da Conselleria de Familia, Muller e Xuventude.
-Feche nas oficinas do Valedor do Povo en Compostela.
-Feche nos xulgados de Ferrol e Lugo.
-Concentración diante do Governo Civil de Pontevedra.
Como resultado desta mobilización unha representación da MMM foi recibida pola Conselleira Manuela López Besteiro, ainda que o resultado desta entrevista foi nulo.
Novembro-2001En novembro do ano 2001, nun entorno internacional marcado pola guerra, convocatoria dunha concentración nacional e acto lúdico-reivindicativo en Compostela . O lema NEN GUERRA QUE NOS MATE NEN PAZ QUE NOS OPRIMA, denunciaba a situación vivida polas mulleres e crianzas de paises em conflicto, e resumía o compromiso coa paz mundial ainda que sen conformarse cunha paz inxusta que manteña a violencia contra as mulleres.
Novembro-2002No ano 2002, celebramos unha Manifestación en Compostela "ACABAR COA VIOLÉNCIA CONTRA AS MULLERES, UNHA NECESIDADE SOCIAL", coincidindo con a cimeira de ministros e ministras da Unión Europea contra a violéncia de xénero.
Novembro-2003As mobilizacións convocadas neste ano resaltaron que as raíces da violencia se nutren da situación de desigualdade na que se encontran as mulleres. O lema da campaña nesta ocasión foi COMBATE A VIOLENCIA COMBATENDO A DESIGUALDADE.
Novembro-2004Concentracións o propio 25 de novembro nas cidades galegas e acto nacional o sábado 27 en Vigo, centraron os actos deste ano que se celebrou co lema ELAS SOMOS TODAS. Deste xeito mostrábase a solidaridade coas mulleres vítimas e a denuncia da violencia machista como algo que afecta, em maior ou menor medida, a todas as mulleres.
Novembro-2005Ampliar a conciencia de que a violencia non é só un problema das mulleres que a padecen dun xeito máis agudizado, senon que é un problema que estigmatiza a toda unha sociedade foi o obxectivo das mobilizacións e campaña desenvolvida ao longo do mês de novembro deste ano.
O lema escollido
A VIOLENCIA É UN PROBLEMA DE TOD@S. “
Que a lei non quede no papel” foi o sublema escollido para recoñecer a valia das medidas recollidas na recén estreada Lei Integral Contra a Violencia aprobada polo Parlamento español, ainda que se criticaba a escasez de recursos para aplicala.
Novembro-2006Resaltar o valor do respecto para fundamentar as relacións afectivo-sexuais foi o obxectivo da campaña e mobilización deste ano. Os actos desenvolvidos pola MMM contaron em todas as comarcas con actividades de forte contido simbólico.
A Manta Galega da Solidaridade, elaborada nas mobilizacións mundiais do 2005, acompaña moitos dos actos da MMM.
Novembro-2007Este ano 2007 a Marcha Mundial das Mulleres desenvolverá unha campaña deseñada na Coordenadora Europea que ten como obxectivo conseguir un xesto de compromiso individual de rechazo á violencia machista. Solicitarase aos cidadáns e cidadás de diversos paises onde a MMM ten presencia organizada, portar un distintivo no brazo. O que elaborará para portar os homes será de cor negra e terá o lema EU NON SON CUMPLICE DA VIOLENCIA MACHISTA O que se elaborará para portar as mulleres levará o lema PODEMOS ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA.
Convocaranse mobilizacións baixo o lema: PODEMOS ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA. CADA QUEN DESDE A SÚA RESPONSABILIDADE.
OUTRAS ACTIVIDADESDesde o ano 2005, a Coordenadora Local de Ferrolterra da MMM, realiza un programa semanal na radio libre e comunitaria da comarca de Trasancos, Radio Filispim. O programa de nome Capireando, intenta divulgar e concienciar entre outros, sobre o problema da violencia de xénero.
Son varias as campañas que as distintas coordenadoras levan adiante desde un ámbito mais local. Podemos sinalar a realizada pola Coordenadora Local de A Coruña, para denunciar a falta de orzamento do Concello para a Casa de Acollida, á que só destinuou un euro nos orzamentos municipais de 2005, e à da Coordenadora Local de Ferrolterra denunciando asituación da Casa de Acollida e CIM do concello de Ferrol, reivindicando servizos mancomunados, campaña desenvolvida ao longo dos anos 2006 e 2007; e a desenvolvida desde o ano 2003 pola Coordenadora Local de Compostela tamén para denunciar a a xestión da Casa de Acollida municipal.
Ademais das mobilizacións ao redor da data do 25 de novembro, a MMM convoca
inmediatamente despois de coñecer a noticia do asesinato dunha muller en Galiza, vítima de violencia de xénero, mobilizacións de repulsa en distintas cidades.
No mes de maio do ano 2004 , Vigo acolleu a mobilización europea da MMM baixo o lema DIFERENTES SI, DESIGUAIS NON. No contexto desta mobilización celebrouse a primeira FEIRA FEMINISTA, un dos espazos da Feira estaba dedicado à loita contra a violencia. Multiples palestras e exposicións de material desenvolveronse baixo a carpa que acollia este espazo.
Ao longo destes anos varios miles de mulleres participaron nestas actividades, logrando que o movimento feminista estivese sempre activo,denunciando a sociedade patriarcal e reivindicando o fin da violencia de xénero.
ELABORACIÓN DE ALTERNATIVAS.A actividade da MMM vai parella a
elaboración dun discurso onde se van tecendo unha serie de alternativas par un cambio social, no camiño da construcción dunha sociedade sem violencia.
A Marcha Mundial das Mulleres elaborou ao longo do ano 2003 un borrador para un
PROXECTO DE LEI GALEGA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Este borrador foi presentado a distintas institucións e organizacións para apoiar a necesidade da sua aprobación. Contén medidas preventivas e paliativas, asi como cambios institucionais, que nalgunha medida foron recollidas na actual Lei galega contra a violencia de xénero aprobada polo parlamento galego, ainda que outras moitas quedan pendentes. Galiza, Outubro 2007.
www.feminismo.infoMARCHA MUNDIAL DAS MULLERES,
marchagaliza@feminismo.info
Coordenadora Nacional da Marcha Mundial das Mulheres na Galiza
Casa da MulleresRua Romil, 20 baixo
36202 Vigo - Galiza
Telfs 986442194
___________
QUE É A MARCHA?
ACCIÓNS DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES ORIENTADAS AO OBXECTIVO DE CONSEGUIR ERRADICAR A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.-
ACTIVIDADES DE MOBILIZACIÓN E CONCIENCIACIÓN.
25 DE NOVEMBRO, UNHA DATA DE REIVINDICACIÓN E CONCIENCIACIÓN.-
OUTRAS ACTIVIDADES:
- PROGRAMA DE RADIO
- CAMPAÑAS LOCIAS
- MOBILIZACIÓNS ANTE UN ASESINATO
- PRIMEIRA FEIRA FEMINISTA
ELABORACIÓN DE ALTERNATIVAS
Galiza, 2007